A Requinta da LaxeiraA Requinta da LaxeiraA Requinta da LaxeiraA Requinta da LaxeiraA Requinta da LaxeiraA Requinta da LaxeiraA Requinta da LaxeiraA Requinta da Laxeira
Próximas
actuacións
no 2012

Sábado 26 de maio.
Manguelo Folk.
Orazo (A Estrada).
Sábado 7 de xullo.
Festa Rachada.
A Baña.





A Requinta da Laxeira prepara novo disco

O grupo de requinteiros está a gravar o seu segundo disco, logo do éxito de 'Vai de baranda'. Pronto daremos máis información na web.

A Requinta da Laxeira
O grupo durante a gravación do seu primeiro disco. Prema na foto para agrandala
Foto: © A Requinta da Laxeira 2009


A Requinta da Laxeira vai de baranda, chunda, chunda, de aquí para acolá, unhas veces preto e outras máis lonxe… sempre con brincos, voltas, aleghría… fiel reflexo da savia nova. A Asociación Cultural San Campio é o berce e acubillo deste grupo que comeza a súa andaina alá polo ano 2004.

A comarca da Ulla e as súas xentes representan as sementes que fan agromar en cada unha das súas actuacións as músicas e os cantares dun tempo, e mailo imprescindible ¡arrecendo a festa rachada!

A requinta, instrumento característico desta zona e que tamén lle dá nome á formación, é a anfitriona de muiñeiras, pasodobres, xotas, rumbas… que convidan a botar unha baila tanto ó solto como ó agharradiño.

¡Viva a ghaita, as ghaiteiras e os ghaiteiros, viva a requinta, as requinteiras e os requinteiros, viva a festa e vivan as festeiras e os festeiros! ¡Aturuxos… foghetes ó aire… pum… pum… pum!

A Requinta da Laxeira…
¡VAI DE BARANDA!
Disco Vai de Baranda

O sábado 20 de marzo do 2010 presentouse
en Santiago o primeiro disco de A Requinta da Laxeira






A Requinta da Laxeira é un grupo musical que forma parte da Asociación Cultural San Campio de San Miguel de Sarandón (Vedra, A Coruña).

© 2012 www.arequintadalaxeira.com Tódolos dereitos reservados.

Deseño da web: www.neira.es
Asociacion Cultural San Campio de San Miguel de Sarandon